Ideas claras
#ConcellosBNG

Un modelo propio de facer política municipal.
Un modelo de prestixio.

Compartir:

A Galiza viva, próspera e dinámica que queremos constrúese desde os concellos. No BNG temos un modelo propio de facer política municipal, que mellora a vida das persoas e transforma a mellor as nosas vilas e cidades. O modelo municipal do BNG é, por iso, un modelo de prestixio, recoñecido e premiado internacionalmente.

Allariz, Pontevedra, Ribadeo, Carballo, Tomiño… son os exemplos máis claros da nosa política municipal. Mais en todos os concellos en que temos ocasión de levar adiante as nosas políticas se percibe o cambio. Os feitos falan por nós.

No caso dos concellos pequenos, no caso das vilas e no caso das cidades, os concellos de referencia pola transformación e mellora dos espazos, dos servizos e da calidade de vida son sempre concellos do BNG. Non hai fórmula máxica: hai coñecemento profundo das nosas vilas e cidades, hai confianza no seu potencial e recursos, hai capacidade, solvencia e rigor na xestión, e hai proxecto.

Os feitos falan por nós. Os concellos de referencia, son sempre concellos do BNG.

Proxectos municipais, claros e solventes. Un horizonte, unha proposta clara do que cada concello debe e pode ser na súa mellor versión. A política municipal do BNG é transformadora. Cambia os concellos, fainos máis habitábeis e á medida das persoas, muda dinámicas, crea autoestima, aumenta o desenvolvemento e o benestar.

Nos concellos do BNG a veciñanza está orgullosa do seu concello. Quérelle, gústalle vivir nel e séntese parte da súa transformación a mellor, porque o é. Son concellos orgullosos, que recuperan o pulso. Concellos para vivir e traballar, pensados para as persoas. Para vivirmos mellor en entornos, e con condicións, que nos permitan ser máis felices.

A política municipal do BNG é transformadora e pensada para as persoas

Bota un ollo para a transformación radical dos concellos do BNG. Con humildade, mais con alegría, podemos gabarnos do prestixio dos nosos gobernos municipais, dos alcaldes e alcaldesas que defenden o público, o que é de todos e todas, e converten os seus concellos en espellos en que se mira a política feita para mellorar a vida da xente.

Nesta páxina poderás atopar información sobre as nosas ideas para a política municipal, sobre moitas experiencias que son exemplo das nosas boas prácticas nos concellos e sobre as nosas candidaturas para as eleccións municipais do vindeiro 27 de maio de 2019.

Candidatas e candidatos con capacidade e coñecemento. Gobernos municipais que son referencia, espello en que se mira a política feita para mellorar a vida da xente.