Feitos claros: número 9
Estaleiro da Banda do Río.

Bueu.
Conservar o noso patrimonio.

Rehabilitación e musealización do estaleiro de Banda do Río.

Compartir:

O único estaleiro de ribeira que se mantén na provincia de Pontevedra. Logo de entrar en desuso e rematar a actividade quedou nunha situación de precariedade e de incertidume sobre o seu futuro. O Concello de Bueu decide mediante concurso de ideas a súa rehabilitación. Se obtén subvención da Deputación de Pontevedra e se executan as obras para a rehabilitación e posta en valor da súa contorna por un valor de máis de 300.000 euros. A obra consistiu na substitución da madeira en mal estado e implementación de novos elementos para facer do edificio un lugar seguro e visitábel. Está rodeado dun perímetro de cristal co obxectivo de poder ser visualizado dende o exterior, como obra viva. O edificio vaise musealizar nunha segunda fase na que se está traballando, con vinilos para as cristaleiras exteriores, paneis e diverso material audiovisual, ademais de diversas embarcacións que xa existen no seu interior. Como peza singular se atopa no interior a antiga serra e outras ferramentas de carpinteiro. Preténdese que sexa un referente da cultura mariñeira do país, ademais dun atractivo turístico para o concello (onde se atopa tamén o museo Massó) e o barrio da Banda do Río, barrio mariñeiro por excelencia.