Feitos claros: número 6
Romaría Feminista.

Barbadás.
Despois do 8M, camiñamos.

Realización de obradoiros e charlas para persoas adultas con menores ao cargo (familias, persoas coidadoras, docentes...) e tamén obradoiros dirixidos exclusivamente a crianzas.

Compartir:

Romaría adicada ao mundo do feminismo. Romaría adicada a palestras, charlas, mesas redondas, encontros e feira de produtos, artesanía, asociacións, etc relacionadas co feminismo. Actuación de Xestreu, De Vacas, Sés e De Tetas Band.

O concello de Barbadás converteuse na capital da Igualdade o sábado, 29 de setembro pasado, cunha celebración que baixo o lema "Logo do 8M, camiñamos" tivo como obxectivo reflexionar, desde diferentes ámbitos e puntos de vista, sobre o futuro que debemos abordar para ir conquistando maiores niveis de igualdade.

Partindo das experiencias deste último ano, no que se produciron no mundo importantes mobilizacións feministas, contouse con representantes dos movementos feministas, profesionais da comunicación, da xustiza, expertas en violencia e concelleiras de diferentes organizacións políticas.

Con este evento, desde a Concellaría de Igualdade de Barbadás, pretendeuse promover o debate, a través de diferentes mesas, sobre o papel das mulleres desde os diferentes ámbitos sociais para abordar este momento histórico decisivo e que se produza un avance definitivo na igualdade.

A xornada tivo tamén un marcado ambiente festivo, "quixemos que fose unha romaría, con música, poesía, teatro, gastronomía, e moitas máis cousas porque cremos que estas tamén son formas de reivindicar o papel das mulleres na sociedade e porque estas tamén son formas de debater e pensar", subliñou a concelleira.

As actividades deron comezo ás 11 da mañá e duraron todo o día, culminando pola noite cos concertos musicais, que pecharon a xornada, a cargo de Xestreu, De Vacas, Sés e The Tetas Van.

As mesas de debate que tiveron lugar ao longo do día versaron sobre diferentes temáticas: o futuro do movemento feminista, o papel das mulleres comunicadoras e nos medios de comunicación no impulso do cambio de paradigma machista, como mellorar a abordaxe das violencias que sofren as mulleres e finalmente unha posta en común das políticas de igualdade levadas a cabo en concellos gobernados por diferentes organizacións políticas.