Feitos claros: número 5
Educar en Igualdade.

Moaña.
Información, formación e reflexión dirixido a pais e nais.

Realización de obradoiros e charlas para persoas adultas con menores ao cargo (familias, persoas coidadoras, docentes...) e tamén obradoiros dirixidos exclusivamente a crianzas.

Compartir:

Educar en igualdade é unha necesidade para modificar as bases da nosa sociedade que continúan na actualidade amosando un modelo que dá lugar a unha situación de inxustiza e discriminación por diferentes motivos.

A Escola de Familias: Educar en Igualdade, é un proxecto que pretende continuar co traballo educativo que desenvolvemos coas familias das crianzas de infantil, primaria e secundaria do concello de Moaña.

Esta escola, coa que comezamos no 2017, puxo de manifesto un interese importante por parte das familias na formación para unha mellor atención e detección dos problemas que poidan xurdir á hora de educar ás crianzas.

Coa continuidade deste proxecto apostarmos por un futuro no que a coeducación estea presente nos nosos fogares, e contribuír así a formar una sociedade máis libre. A Escola de Familias é un espazo de información, formación e reflexión, dirixido a pais e nais sobre aspectos relacionados coas funcións parentais. É un recurso de apoio ás familias con menores para que poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas e socializadoras e superar situacións de necesidade e risco social. Tamén programamos obradoiros para crianzas polo que esta escola tamén pretende ser un espazo que axude as crianzas a ser persoas emocionalmente sans, cunha actitude positiva ante a vida, que saiban expresar e controlar os seus sentimentos e que conecten coas emocións das outras persoas, que teñan autonomía e capacidade para tomar decisión axeitadas e poidan superar ás dificultades e conflitos que inevitabelmente xorden na vida cotiá.

A Escola de Familias: Educar en Igualdade, nace como un programa de carácter preventivo que contribúa á modificación de condutas e á adquisición de pautas saudábeis de dinámica familiar e social.