Feitos claros: número 4
Enerxía Responsábel.

Moaña.
Enerxía máis xusta, igualitaria e respectuosa.

Licitación de subministración eléctrica con mínimo impacto ambiental e execución socialmente responsábel.

Compartir:

O goberno de Moaña aprobou no Pleno do 25 de novembro de 2018 unha licitación que vai permitir dar 3 pasos cara unha sociedade máis xusta, igualitaria e respectuosa co medio ambiente:

— Que a electricidade que consume o Concello de Moaña sexa producida cun mínimo impacto ambiental.

— Imporlle ás subministradoras a contratación de tantas mulleres como homes durante a execución do contrato, garantindo esa proporción tamén nos postos directivos. Tamén deberán implantar medidas de corresponsabilidade e conciliación da vida familiar e laboral.

— Dividir a subministración entre varias comercializadoras (un mínimo de 3) para evitar a concentración de capital nas grandes multinacionais. Ademáis, a licitación suporá un aforro mínimo de 19.000 euros para as arcas municipais, o que permitirá destinar máis recursos a iniciativas para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Con esta medida o goberno local está a apostar por un novo modelo enerxético e racha coa inercia de contratar sempre á mesma compañía eléctrica desde antes da liberalización do sector. Esa inercia é a que impide negociar un prezo ou condicionar a orixe da enerxía e provoca que directamente se destinen, sen ningún cuestionamento, máis de 420.000 euros anuais a unha grande multinacional.


Referencias externas:

La Voz de Galicia
Praza.gal