Feitos claros: número 3
A luz é un dereito.

Muras.
Bonificación do recibo da luz á veciñanza.

Por unha cuestión de xustiza social e para que a riqueza dos mesmos redundase na veciñanza.

Compartir:

O concello de Muras conta con 381 muiños eólicos e 20 parques, a maioría construidos en montes privados que foron comprados a veciños e veciñas baixo amenaza de expropiación, antes da chegada do BNG ao goberno local.

Por unha cuestión de xustiza social e para que a riqueza dos mesmos redundase na veciñanza, coa chegada do BNG á alcaldía o Concello de Muras aprobou unhas novas bases para o pagamento do recibo da luz, cunha axuda directa a veciños e veciñas que pretende:

1. Loitar contra a pobreza enerxética.

2. Que os beneficios dos eólicos redunden na veciñanza do territorio que soporta a explotación eléctrica.

3. Mellorar as rendas das persoas pensionistas.

4. Asentar poboación no rural.

A implantación definitiva das bases fíxose no ano 2016. O ano 2019 será o terceiro ano de posta en marcha. Poden acceder á axuda as persoas censadas no concello e titulares dun recibo da luz. En anos precedentes a axuda foi solicitada por aproximandadmente o 75% da veciñanza.


Antes do BNG:

El Correo Gallego


Despois do BNG:

Cadena SER
El País
La Voz de Galicia
La Sexta
Praza
Sermos