Feitos claros: número 17
Creando vivenda de alugueiro social.

Rianxo.
Reconvertendo antigas vivendas de mestres e mestras.

Compartir:

O obxectivo foi crear vivenda pública de alugueiro social con destino aos sectores máis desfavorecidos, con prezos taxados e axudar así a baixar os prezos elevados de mercado.

Aproveitamos a existencia dun conxunto de oito vivendas e catro baixos divididos en dous bloques susceptíbeis de obteren axudas da Xunta de Galiza ao ser vivendas de antigas mestras e mestres.

Despois de retornalas ao Concello mediante un proceso de desafectación, solicitamos axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo para restaurar as casas, volvelas habitábeis e poñelas a disposición das persoas. A realidade é que hai oito familias que cumpren as características do programa e non existían vivendas para elas.

Comezamos xa coas obras das 4 primeiras (Bloque A) e dous baixos para usos sociais. Agardamos impulsar en datas vindeiras outras actuacións no bloque B para outras catro vivendas co obxectivo no 2020 de ter oito vivendas polo menos ao abeiro do programa.

As fotografías reflexan as obras en marcha para dotalas de illamento, conexións de todo tipo, ascensores, calefacción por pellets, placas solares. Todo nun espazo céntrico que recuperará a vida para as familias despois de anos de abandono.