Feitos claros: número 16
Ribadeo Indiano.

Ribadeo.
Ribadeo alén do tempo.

Compartir:

O Ribadeo Indiano nace coma un proxecto que pretende recuperar o legado cultural da nosa vila, e que traballando arredor do patrimonio histórico desde un punto de vista turístico e cultural, realce o pasado para constituír un atractivo turístico contribuindo á conservación e recuperación de identidades locais.

Neste senso co Ribadeo Indiano quixemos revivir as tradicións dunha forma críbel e coherente, manténdose dentro do espazo turístico, sen impedir o dinamismo da cultura, e que as persoas visitantes fosen beneficiadas cun produto auténtico e a poboación local cun espazo de recuperación da memoria.

Desta forma, este proxecto permitiu a creación dun gran dinamismo económico na nosa vila que afectou especialmente aos nosos grandes sectores económicos: o comercio e a hostalaría e a súa vez acadou a creación dun produto turístico sostíbel, permitindo ademais que a cidadanía se involucrase no proceso de recuperación da memoria colectiva, de reconstrución da historia e tomase, por vez primeira conciencia do papel que a vila tivo en determinado momento.

Neste marco, desde fai cinco anos, o Concello de Ribadeo en colaboración con ACISA vén organizando o Ribadeo Indiano.

Unha celebración cultural e festiva que ten tres grandes obxectivos:

- Pór en valor o noso rico legado emigrante.
- Celebrar valores como a integración, a solidariedade, a interculturalidade ou a concordia.
- Contribuír a que os países de acollida non sexan só lugares onde repouse boa parte da memoria de Galiza, senón tamén territorios de futuro, prósperos e útiles para todos e todas a través do mutuo intercambio e coñecemento.