Feitos claros: número 15
Recuperación dos servizos públicos muncipais privatizados.

Verín.
Servizos públicos de calidade que respondan única e exclusivamente aos intereses da veciñanza.

Compartir:

Cando despois de maio de 2015 chegamos ao goberno municipal xa sabiamos dos numerosos Servizos Municipais (case a totalidade) que estaban en mans de empresas privadas, todas elas con grandes beneficios e respondendo a intereses exclusivamente económicos e de aumento dos seus beneficios. Apostamos, non só dende un plano teórico, pola idea duns servizos públicos de calidade que respondan única e exclusivamente ós aos intereses da veciñanza. Deste xeito, comezamos a analizar as posiblidades legais e económicas para ir recuperando para a xestión municipal estes servizos.

Os servizos recuperados foron
- Aparcamentos na vía pública: ORA
- Aparcamento soterrado: Parking
- Limpeza de edificios municipais
- Limpeza Viaria
- Depuradora

Cómpre resaltar que en toda a recuperación dos servizos se fixo unha subrogación do persoal cunha mellora nas condicións de traballo.

Agora mesmo quedan tres servizos en mans privadas: auga, recadación de impostos e taxas, e recollida do lixo, que son obxecto de estudo para o futuro por canto neste momento, dende o punto de vista estritamente económico, non sería posíbel.