Feitos claros: número 13
Carballo, un bo lugar para vivir.

Carballo.
Estratexia de mellora e xestión do espazo público e da mobilidade.

Compartir:

Trátase dun proxecto de carácter transversal coa participación da cidadanía como parte fundamental para que a poboación o identifique como propio. Está dividido en tres fases:

1. Elaboración dunha estratexia de mellora e xestión do espazo público e da mobilidade.

2. Modificación de ordenanzas e regulamentos.

3. Accións estruturais de intervención do espazo público.

O proxecto pretende levar a cabo unha serie de actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade que van encamiñadas a conseguir unha serie de obxectivos:

— Mellora da escena urbana e maior calidade do espazo público.

— Protagonismo do peón na mobilidade urbana como medio de mobilidade predominante dentro da cidade de Carballo.

— Recuperación das rúas e espazos públicos para as persoas en detrimento dos vehículos privados motorizados. Potenciación das formas de mobilidade sostíbel: peón, bicicleta.

— Calmado do tráfico e mellora da seguridade dos peóns e ciclistas. Eliminación de accidentes por atropelo. Redución drástica da velocidade dos vehículos de motor na cidade.

— Mellora da calidade do aire. Introdución de arborado en todas as actuacións de reurbanización de rúas.

— Previsión de áreas de aparcamento de proximidade.

— Participación activa da cidadanía nas políticas de mellora do espazo urbano e de mobilidade sostíbel....