Feitos claros: número 12
Festival Carballo Interplay.

Carballo.
Festival internacional de contidos dixitais e webseries.

Compartir:

O Carballo Interplay, ou CIP, está considerado o primeiro festival sobre webseries que houbo no ámbito estatal. Mais, a día de hoxe e logo de cinco edicións, comezou no ano 2014 á par do Derrubando Muros con Pintura, é moito máis que un festival de webseries.

A día de hoxe, no ámbito estatal, falar do CIP é falar de todo o que se está a mover no ámbito da cultura dixital, da creación na rede, na programación para plataformas on-line. En Carballo cítanse nas datas do festival, os medios galegos, estatais e internacionais que programan contidos on-line, para dalos a coñecer, mais tamén buscando talento no ámbito do festival, e as creadoras e creadores de contidos.

Este ano pasado no Carballo Interplay, na Zona Pro, contamos con: RTVE Digital, PlayZ, AtresMedia, CRTVG, MTMAD, Globomedia, 2btube, Vice España e Hitsbook.

O Festival conta cun apartado de formación específico que se programa ao longo dos meses previos a data de celebración, e o seu taller central é a gravación dunha webserie ou un produto dixital.

Durante as datas de celebración hai todo tipo de contidos programados, dos que se informa con antelación nas redes sociais do festival.

Mais, o CIP sigue conservando o apartado específico dedicado a festival de webseries, e recibimos cada ano centos de todo o mundo a concurso. Os premios que se reparten son:

Mellor webserie estatal
Mellor webserie internacional
Mellor webserie en versión orixinal en galego
Premio do xurado novo
Premio CREA á mellor dirección
Premio AGAG ao mellor guión
Premio á mellor actriz
Premio ao mellor actor

Tamén se premia a mellor presentación de proxecto e existe un premio do público para a webserie que máis guste nos pases oficiais.


Referencias externas:

Antena3
La Sexta
Sermos
Yasss