Feitos claros: número 11
Novos espazos públicos.

Tomiño.
Acondicionamento da contorna da Praza do Seixo.

Compartir:

O acondicionamento da contorna da Praza do Seixo supuxo a creación dun novo espazo público con zonas verdes e espazos peonís para facer un núcleo urbano máis humano e accesíbel.

A intervención levou consigo tamén, a mellora das redes de alumeado, abastecemento e demáis servizos substituíndo unha rotonda e estacionamento de vehículos para ceder a preferencia ás persoas.

Este proxecto foi parello coa reforma do Mercado Municipal formando parte dunha estratexia de rexeneración do Seixo co obxectivo de revitalizar o núcleo urbano xerando un espazo de calidade que centraliza, ao mesmo tempo, a actividade social e comercial da vila.

As obras de mellora da mobilidade e seguranza viaria da rúa A Guarda e avenida República Arxentina serven de equipamento a Praza do Seixo. Hoxe, a Praza do Seixo é un espazo público recuperado para as persoas, lugar de encontro cheo de vida e punto de referencia dos veciños e veciñas na entrada ao centro de Tomiño.

O deseño da rúa de A Guarda e avenida República Arxentina está pensando como un lugar de encontro con áreas de bancos, vexetación e iluminación con catenarias, un espazo lúdico e comercial. A súa realización é posíbel grazas a desviación do tráfico coa construción da nova avenida que suporá a eliminación do 90% do tráfico de paso polo Seixo.


Referencias externas:

Twitter