Compartir:

Ao longo dos trece meses de escano, o traballo parlamentario de Ana Miranda desenvolveuse -de forma especial- a través da súa intensa participación nas comisiones de Peticións, Pesca, Asuntos Xurídicos, Liberdades e Asuntos Económicos.

Ademais, centrouse en dous eixos fundamentais.

01
A defensa dos sectores produtivos e industriais galegos

Sectores como a pesca, o sector agro gandeiro, o medio ambiental e o eléctrico. Neste sentido, o BNG presentou emendas aos orzamentos tanto pesqueiros (FEMP) como da PAC, nas que se tiveron moi en conta as características de estos sectores en Galiza, como por exemplo a defensa da pesca artesanal. Precisamente da man do Bloque estiveron en Bruxelas grupos representativos dos sectores da pesca artesanal e o agrogandeiro, así como da CIG, para presentar a súa proposta dunha tarifa eléctrica para as industrias electrointensivas como Alcoa.

Desde o ámbito do medio ambiente, para Galiza é fundamental que se abrira de novo o informe das rías de Vigo e O Burgo na sesión da Comisión de Peticións de xaneiro, coa presencia de peticionarios para explicar a situación en cada un dos casos. Preséntasenos, desde logo, a oportunidade de corrixir aquelo que o PP non fixo a respecto do saneamento integral das rías, tendo en conta que forman parte de pilares estratéxicos da economía galega, que afectan tanto á pesca e o marisqueo como á situación medioambiental.

02
A defensa dos valores democráticos e a loita contra o fascismo

Ao respecto resulta fundamental a súa participación no grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo, a través do cal organizou a visita ao pazo de Meirás dunha delegación de eurodeputados e eurodeputadas de diversos países, así como diferentes accións de apoio aos “19 de Meirás”, denunciados pola familia Franco tras protagonizar unha ocupación simbólica do pazo para reclamar a súa devolución. Porén, a aprobación da resolución contra o avance do fascismo en Europa, da que Ana Miranda foi co-relatora en representación do grupo Verdes-ALE, é un fito fundamental, xa que abre a porta á ilegalización da fundación Franco.

Mención aparte merece, ademais, o intenso traballo de Ana Miranda sobre o accidente do Alvia, que o 24 de xullo de 2013 costou a vida a 80 persoas e 144 resultaron feridas. Precisamente a eurodeputada do Bloque é a única denunciante contra o Estado español por procedemento de infracción por vulneración da normativa comunitaria de seguridade. Esa denuncia, presentada en xullo de 2017, motivou a apertura dun procedemento de infracción da Comisión Europea contra o Estado español por incumprimento da normativa europea en materia de seguridade ferroviaria.